Celas con formato de moeda

No Calc do LibreOffice pódenselle dar aos números calquera formato de moeda. Ao premer a icona MoedaIcona da barra Formato para formatar un número a cela recibe o formato de moeda predeterminado definido en - Idiomas e configuración local - Xeral.

Icona Nota

O intercambio de documentos do Calco do LibreOffice podo provocar problemas se o documento do Calc do LibreOffice o carga un usuario que empregue un formato de moeda predeterminado diferente.


No Calc do LibreOffice pódese definir que un número que se formate como «1.2345,50€» fique como euros noutro país e non se convirta en dólares.

You can change the currency format in the Format Cells dialog (choose Format - Cells - Numbers tab) by two country settings. In the Language combo box select the basic setting for decimal and thousands separators. In the Format list box you can select the currency symbol and its position.

  1. Por exemplo, se o idioma está definido como «Predeterminado» e a configuración local é Galego, o formato de moeda será «1.234,00€». Colócase un punto antes dos millares e unha vírgula antes dos decimais. Se despois se selecciona o formato de moeda subordinado «$ Inglés (EE.UU.)» na caixa de lista Formato terase o formato seguinte: «$ 1.234,00». Como se pode ver, os separadores fican igual. Só se cambiou e converteu o símbolo de moeda, mais o formato subxacente da notación permanece igual ao definido na configuración local.

  2. Se, en Idioma, se convirten as celas a «Inglés (EE.UU)», a configuración local de lingua inglesa tamén se transfire e o formato de moeda predeterminado é agora «»1,234.00.